Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS AXUDAS PARA O PAGO DE LIQUIDACIÓNS DE ACOMETIDAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO RURAL PODERÁN SOLICITARSE DENDE MAÑÁ
As axudas poderán tramitarse ata o vindeiro 21 de outubro, tal e como avanzou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo
Narón, 30 de setembro de 2024. O Concello de Narón abrirá mañá, e ata o día 21 de outubro (incluído), o prazo de solicitude de axudas para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural. Así o indicou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, que recordou que para poder optar ás mesmas o beneficiario ou beneficiaria deberá estar empadroado/a en Narón, na vivenda para a que se solicita a subvención. Poderán solicitar estas axudas os propietarios de vivendas con escasa capacidade económica que houberan satisfeito ou deberan satisfacer (se solicitaron ou teñen concedido o fraccionamento de pago) o importe das taxas xeradas para conectarse á rede xeral de auga ou alcantarillado na zona rural obxecto desta convocatoria. A edil naronesa indicou que a través deste procedemento se facilita o acceso ao subministro dos servizos básicos de auga e alcantarillado no rural ás familias en situación de vulnerabilidade, sufragándose a través das mesmas ata o 95% do custe das acometidas. Serán subvencionables as realizadas con posterioridade ao remate do prazo de solicitude das axudas da convocatoria do ano 2022 ata o último día do prazo da solicitude da presente convocatoria, en novos tramos das parroquias de Sedes, O Val, San Mateo, San Xiao, Camiño da Fonda, estrada do Trece, lugar de Ferrerías e Prados, tal e como figura no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe. As solicitudes poden presentarse a través do modelo oficial do Concello xunto coa documentación correspondente na Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar a Sede Electrónica do Concello, ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Consistorio-.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal