Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO APRENDE A FACER UN PODCAST
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou que o prazo de inscrición abrirá o luns 30 de setembro
Narón, 26 de setembro de 2024. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro 4 de outubro o obradoiro Aprende a facer un podcast. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, anunciou que o vindeiro luns 30 de outubro, abrirase o prazo para poder participar nesta convocatoria, dirixida a rapazas e rapaces a partir de 14 anos e tamén a público adulto. A convocatoria desenvolverase dende as 18:00 ata as 20:15 horas e as inscricións poden realizarse dende as 9:30 do luns de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. A través desta iniciativa apóstase por compartir opinións, experiencias, entrevistas ou temas especializados, coa liberdade de expresarse e chegar a públicos de todo o mundo. Para poder participar, tal e como avanzaron, non é precisa experiencia previa, xa que no propio obradoiro se ensinarán os pasos necesarios para poder lanzar o proxecto, dende a redacción dos contidos ata a gravación e edición. Tamén se traballará en técnicas de locución, teatro e dobraxe para mellorar a interpretación e calidade do podcast. A lectura interpretativa, a modulación da voz, a vocalización e a locución son tamén outros dos aspectos fundamentais para poder transmitir as ideas dun xeito eficaz. Ao rematar o obradoiro todos os participantes poderán subir o seu podcast á nube. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa Ler conta moito.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal