Permitirá dar formación laboral a dous persoas con Síndrome de Down
Narón, 2 de Xuño de 2008.- O Concello de Narón (a través das Concellerías de Servizos Sociais Xerais, e Formación Laboral) e a Asociación de Síndrome de Down “Teima” firmaron hoxe un convenio de colaboración en materia de benestar social. Este acordo conta cun orzamento de 11.700 euros, destinados á atención de naroneses afectados de Síndrome de Down e tamén á participación no Proxecto de Formación e Inserción Laboral “Teima Down Ferrol”.
O convenio permitirá a incorporación de dous usuarios de Teima ó Concello de Narón, un deles por un período de un ano e outro por sete meses (dende hoxe). Ambos estarán acompañados dun preparador laboral, co fin de desenvolver do mellor xeito posible as súas tarefas cotidiáns.
A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, destacou hoxe a satisfacción que supón para ela firmar este convenio, cunha doble vertiente: social e de formación. “Creemos que con iniciativas coma ésta podemos conseguir unha sociedade máis xusta e con maior igualdade de oportunidades”, sinalou.
Pola súa banda, o delegado de Servizos Sociais, Miguel Hermida, recalcou que este convenio “xa viña de antes de entrar nos no goberno, pero decidimos continúalo aumentando en 2.000 euros máis a cantidade do mesmo respecto ó ano pasado”, explicou.
Hermida destacou a importancia da labor que desenvolve Teima no apoio asistencial ós afectados por Síndrome de Down e tamén ás súas familias. “A atención temperá, o apoio escolar e a orientación psicopedagóxica, xunto coa asistencia ás familias son funciones primordiais que realiza esta asociación”, explicou o Concelleiro de Servizos Sociais, quen destacou que tódolos beneficiarios deste programa son veciños de Narón.
Tanto o presidente da asociación Teima, Javier Varela, coma a coordinadora desta entidade, Mercedes Alonso, agradeceron o apoio contínuo prestado polo Concello de Narón nos últimos anos. “Esto repercutirá na autoestima e na capacidade para saír adiante destas persoas”, dixo Varela.
Pola súa parte, Alonso explicou que na actualidade hai 7 persoas con síndrome de down que están insertadas laboralmente na comarca.
Finalmente, Juan José Castrillón felicitou á asociación Teima “por darme este traballo, e ó Concello de Narón por acollerme cos brazos abertos”, dixo.