Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS INSCRICIÓNS NOS CAMPAMENTOS CULTURAIS DE VERÁN DO PAZO ENTRE O 12 E O 15 DE XUÑO FORMALIZARANSE SÓ PARA MENORES EMPADROADOS EN NARÓN
Os menores doutros concellos poderán anotarse o venres 16 e optarán ás prazas no caso de haber vacantes
Narón, 8 de xuño de 2023. O Padroado da Cultura formalizará do 12 ao 15 de xuño unicamente as inscricións nos Campamentos Culturais de verán presentadas por menores empadroados en Narón, se ben a xornada do venres 16 poderán tramitalas os menores empadroados noutros concellos. No momento da inscrición non será preciso presentar certificado de empadroamento, se ben ese requisito se comprobará con cada unha das solicitudes presentadas. No caso de que o menor non estea censado en Narón darase de baixa automáticamente destes campamentos e deberán solicitar oficialmente a devolución do importe abonado en concepto desa inscrición. Cada persoa só poderá inscribir aos menores da súa unidade familiar. Os Campamentos culturais de verán do Padroado desenvolveranse do 3 de xullo ao 11 de agosto, en tres quendas con grupos de menores de entre 3 e 12 anos, tal e como se indicou dende o Padroado. O prezo por quincena é de 50 euros e as inscricións deben tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura –rúa Holanda s/n- de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 do 12 ao 16 de xuño, reservándose os catro primeiros días para que se inscriban as nenas e nenos empadroados en Narón, tal e como se recalcou dende o Padroado.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal