O CLUBE CIDADE DE NARÓN ENFRÉNTASE O DOMINGO Á SELECCIÓN DE FÚTBOL SALA DE GUATEMALA
O encontro terá lugar no Pabellón de A Gándara, e os menores de 12 anos poderán entrar de valde.
Narón, 29 de Abril de 2008.- O Pabellón Polideportivo de A Gándara acollerá o vindeiro domingo 4 de Maio o partido de fútbol sala que enfrentará o Clube Cidade de Narón (que actualmente xoga en 1ª División Nacional A) coa Selección de Guatemala. O encontro dará comenzo ás 19 horas, e as entradas poderán mercarse nas taquillas do propio pabellón ó prezo de 3 euros (gratis para nenos de ata 12 anos de idade).
O Concelleiro de Deportes, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa este evento deportivo de grande trascendencia para Narón. “O Concello seguirá aportando os medios que ten ó seu alcance para apoiar iniciativas coma ésta”, sinalou o edil ó respecto.
En resposta a esta colaboración, o presidente do Clube Cidade de Narón, Miguel Rodríguez Aneiros, declarou que “Narón é xa un referente no mundo do fútbol sala”, algo que agradeceu directamente ó Concello. Rodríguez Aneiros lembrou que fai escasos meses, o Clube Cidade de Narón se enfrentou neste mesmo pabellón a outros equipos de renombre, coma o Azkar Lugo ou o Autos Lobelle.
O director deportivo do Cidade de Narón, Tomás Llao, fixo un chamamento a tódolos colexios do municipio e á poboación en xeral “para que acudan a ver un espectáculo bonito e un partido atractivo”, dixo. Llao tamén tivo palabras para o responsable de Deportes do Concello, ó que agradeceu “o seu apoio constante ás actividades deportivas desta cidade”, declarou respecto a Guillermo Sánchez Fojo.
Guatemala é unha das seleccións de fútbol sala que ten posibilidades de participar na Copa Mundial deste deporte, que se celebrará en Brasil entre o 30 de Setembro e o 19 de Outubro. “Aproveitamos que esta selección ven a España a facer os partidos clasificatorios, para traela á nosa cidade e gozar do seu espectáculo”, engadiu Rodríguez Aneiros.