O Concello de Narón, a través da Concellería de Formación, conta con varios servizos coa finalidade de mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego ou en mellora de emprego.
ORIENTACIÓN LABORAL
Información e asesoramento na busca de emprego.
Destinatarios/as: desempregados/as e persoas traballadoras con demanda de mellora de emprego.
Modo de acceso: solicitude no Servizo Público de Emprego ou no Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón.
Contacto: 981 337700 ext. 1107
AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Asesoramento a persoas emprendedoras e asesoramento a empresas cara ao emprego
Destinatarios/as: desempregados/as, emprededores/as e ás empresas.
Modo de acceso: solicitude no Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón.
Contacto: 981 337700 ext.1123
FORMACIÓN
Accións formativas profesionais a través do programa de formación municipal.
Destinatarios/as: desempregados/as de Narón.
Modo de acceso: solicitude no Rexistro do Concello, consonte a convocatoria.
Contacto: 981 337700 exts. 1120 Administrativa, 1107 Orientadora, 1123 Axente de Emprego/ Desenvolvemento Local, 2602 Experto docente.
INTERMEDIACIÓN Laboral
>Xestión das ofertas de emprego
Destinatarios/as: as persoas autónomas e pemes que precisen candidatos/as para novas contratacións, as persoas desempregadas e en mellora de emprego de Narón.
Modo de acceso: As empresas directamente por teléfono ou presencialmente, as persoas desempregadas e en mellora de emprego de Narón, que anteriormente pasan polo Servizo de Orientación Laboral e outros programas de emprego.
Contacto: 981 337700 ext.1117