O AUDITORIO ACOLLE O VI CERTAME DE HABANERAS ORGANIZADO POLA SOCIEDADE CULTURAL AREOSA
Narón, 24 de Xuño de 2009.- A Concelleira de Cultura de Narón, Manuela Pérez Sequeiros, presentou hoxe en rolda de prensa a VI edición do Certame de Habaneras, que se celebrará no Auditorio Municipal (sito na Praza de Galicia) os días 26, 27 e 28 de xuño. Trátase dun festival promovido pola Sociedade Cultural “Areosa”, con sede en Piñeiros, cuxa directiva participou hoxe tamén na presentación deste evento.
O certame iniciarase o venres 26 ás 20 horas, coa actuación da coral “Eterna Xuventude” (Fene) e a Coral Municipal de Narón.
Na xornada do sábado 27, está prevista a actuación de catro agrupacións dende as 19 horas. Serán a coral “Alecrín” (de Brión, Ferrol), o coro “Villa de Boal” (Asturias), a coral “Lembranzas da terra” (Valdoviño) e a coral “Añoranzas” (de Langreo, Asturias).
O VI Certame de Habaneras finalizará o domingo 28 coa intervención de outras catro corais, a partires das 19 horas. Trátase da Coral Polifónica Ferrolana, a coral “Eixil” (Cedeira), a coral polifónica “San Pablo” (Ferrol), e a Coral da Sociedade Cultural Areosa (de Piñeiros, Narón).