Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS DIPLOMAS DO ITINERARIO FORMATIVO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou que o Programa municipal de formación é único na comarca
Narón, 4 de setembro de 2024. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregou os diplomas aos dezaoito alumnos e alumnas que realizaron o itinerario formativo de Prevención de riscos laborais, Prevención de riscos laborais e medio ambiente no sector naval e Prevención de riscos laborais en espazos confinados e traballos en altura. A acción enmarcouse no Programa Municipal de Formación e impartiuse nas instalacións do centro Irmás Froilaz, na Gándara, entre os meses de xullo e agosto deste ano. A edil naronesa recordou que o curso, dirixido a persoas desempregadas de Narón, ofreceu formación sobre seguridade no traballo, riscos xerais e a súa prevención no sector correspondente á actividade das empresas. Incluíu ademáis módulos transversais de Igualdade de oportunidades, emprendemento e orientación laboral e búsqueda de emprego. Hermida destacou a importancia do Programa municipal de Formación, “único na comarca, con cursos ao longo de todo o ano en diferentes familias profesionais, cun obxectivo, que é a inserción laboral das persoas desempregadas”. Ademáis, recordou ao alumnado deste itinerario “os diferentes servizos que se ofrecen dende a área de Formación, recollidos no tríptico Conectados polo emprego –que se pode consultar a través da web municipal no enlace: https://naron.gal/web/docs/triptico_emprego.pdf-, como son a intermediación laboral, orientación laboral, formación e emprendemento”.

<<< Xaneiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal