Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SPEIS DE NARÓN INICIA UNHA FORMACIÓN DE RESCATE EN ALTURA EN ESPAZOS NATURAIS DA COSTA ÁRTABRA
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) do Concello de Narón está a levar a cabo unha formación especializada en rescate en altura en contornas naturais, coa que se pretende mellorar a capacidade de resposta ante emerxencias en terreos de difícil acceso.
Mércores, 27 de maio de 2026. A formación, de carácter obrigatorio para todo o cadro de persoal do servizo, organízase en tres edicións co fin de garantir a participación da totalidade dos traballadores. A primeira delas tivo lugar en Pena Lopesa (O Val), aproveitando as condicións naturais que ofrece a Costa Ártabra como escenario de adestramento. Durante as sesións formativas, os bombeiros traballan na adaptación ao medio natural en situacións de rescate en altura, empregando o material específico para este tipo de intervencións. Entre as técnicas practicadas figuran a instalación de puntos de ancoraxe tanto en rocha como en pedra, ascensos e descensos por paredes verticais, así como o uso de tirolinas para o transporte de persoas feridas. Con esta iniciativa, o SPEIS de Narón reafirma o seu compromiso coa formación continua e a mellora permanente das competencias do seu equipo, con especial atención ás intervencións en contornas naturais complexas, características do litoral galego.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal