Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN E ASCM PRESENTAN A ANDAINA INCLUSIVA DE CORES QUE SE CELEBRARÁ O 4 DE OUTUBRO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
As inscricións para esta marcha dun quilómetro, cun prezo de 10 euros, permanecerán abertas ata o 2 de outubro ás 14:00 horas.
Venres, 11 de setembro de 2026. Narón acolleu esta mañá a presentación da Andaina Inclusiva de Cores, unha actividade organizada pola Asociación Sociocultural ASCM e o Concello que terá lugar o domingo 4 de outubro no Paseo Marítimo de Xuvia. Ao acto asistiron a edil de Benestar Social, María Lorenzo, xunto á presidenta de ASCM, Paula Gárate, e o membro da executiva da asociación Gonzalo Sueiras. Baixo o lema "1 km de diversión, mil cores, unha mesma causa: a inclusión", a proposta consiste nun percorrido de aproximadamente un quilómetro no que as persoas participantes atoparán distintos puntos de lanzamento de pos de cores. Trátase dun produto elaborado a base de amidón de millo, de uso específico para este tipo de eventos. A andaina está deseñada como unha actividade inclusiva, aberta a persoas con e sen discapacidade de todas as idades. A entrega de material ás persoas participantes comezará ás 16:00 horas, mentres que a saída está prevista para as 17:30 horas. O prezo de inscrición é de 10 euros e inclúe un kit con agasallos para gozar dunha xornada de cor e diversión. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 2 de outubro ás 14:00 horas. Durante a presentación, María Lorenzo destacou que "esta andaina é un exemplo máis do compromiso do Concello coa inclusión e coa igualdade de oportunidades, e animamos a toda a veciñanza a participar nunha xornada chea de cor que nos lembra que as diferenzas non nos separan". Máis información e inscricións a través do teléfono 604 055 703, do correo info@ascmgalicia.org, do código QR incluído no cartel da actividade ou da ligazón https://acesse.one/inscricionsandaina.
Descarga de archivos
Tamaño:279,19 KB

<<< Setembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal