Se desenvolveu na aula CEMIT ubicada na antiga Casa Consistorial de Xuvia.
Narón, 28 de Marzo de 2012.- A Aula Cemit da antiga Casa Consistorial de Xuvia acolleu hoxe unha xornada informativa dirixida ó persoal de diferentes servizos municipais.
En concreto participaron unha treintena de funcionarios dos departamentos de Urbanismo, Alcaldía, Servizos Externos, Estatística, Protección Civil, Servizo Sociocomunitario, Contratación, Persoal, Deportes e Policía.
Técnicos municipais de Intervención e Informática ofrecéronlles información en contabilidade presupostaria e fases de gasto dos seus respectivos departamentos. O obxectivo desta acción informativa é axilizar o proceso administrativo e mellorar a calidade do servizo público que se presta no Concello.