Benvidos e benvidas á páxina web municipal do Concello de Narón. Nesta páxina atoparán información de interese sobre a propia administración local, a corporación e os programas e proxectos impulsados a través desta oitava cidade de Galicia, así como as novas relacionadas coa información municipal.
Nos últimos anos, co obxectivo de prestar unha maior atención á cidadanía, implantouse no Concello a Sede Electrónica,a través da que se poden realizar múltiples xestións e tramitacións en liña e consultar diferentes procedementos municipais. Este servizo complementa unha ferramenta na que a transparencia, a participación cidadá e a vocación de sevizo público constitúen tres dos pilares desta web
Ao mesmo tempo, a través desta páxina ofrécese información sobre a cidade e a súa historia, os tres polígonos industriais e tamén propostas de ocio dirixidas a persoas de tódalas idades. Co fin de achegar a maior cantidade de servizos a todas as persoas que consulten esta páxina, tamén se pode acceder ás webs do Padroado da Cultura, do Servizo Municipal de Deportes, de Turismo, da Biblioteca municipal e doutras áreas municipais que nun determinado momento desexen consultar todas aquelas persoas que se dirixan á web do Concello de Narón, ofrecendo dende aí unha completa información sobre áreas específicas. A maiores, o Concello dispón tamén dunha páxina de Facebook Concello de Narón- e dunha canle de Whatshapp ?Novas Narón- a través das que permanentemente se transmite información municipal e comunicacións de interese para a cidadanía.
É unha satisfacción para min, como alcaldesa de Narón, darlles a benvida a esta páxina web do Concello de Narón, un servizo que lles animo a utilizar, así como o resto de ferramentas de participación cidadá e transparencia municipal para, entre todos e todas, seguir construíndo o Narón do futuro, un Narón para todos e todas.
Quedan también invitados a visitar la octava ciudad de Galicia, donde siempre serán bienvenidos y bienvenidas.