Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Servicio de normalización lingüística

Dende o Concello de Narón levamos anos traballando arreo para que a nosa lingua propia, o galego, se use con normalidade en todos os ámbitos. Sabemos que para que este obxectivo se cumpra aínda queda moito camiño por andar e moitos obstáculos que superar, pero cada paso conta. E entre os pasos dados podemos salientar que contamos cunha Ordenanza de normalización lingüística (aprobada en Pleno en 1989) e mais cun Servizo de Normalización Lingüística, indispensable no proceso de recuperación e dinamización da lingua galega.

A finalidade principal do Servizo de Normalización Lingüística pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal. Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.

Este servizo foi creado en 2009 a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística. Dende a súa creación ata a actualidade o servizo percibiu diferentes achegas económicas para o seu mantemento por parte da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento deste servizo ou desexas obter información adicional podes poñerte en contacto co SNL a través deste mail: a.pita@naron.es; ou ben por teléfono no número 981 33 77 00 (extensión 1516); ou dirixirte persoalmente á Casa do Concello (5ª planta).

Descargar ordenanza de normalización lingüística (pdf) Dinamización lingüística
Ir a Apego.gal
O nobelo do tempo en Narón
Outras campañas de dinamización lingüística que o Concello de Narón apoia:

Campaña de visibilización do uso do galego nos medios de comunicación

O Concello de Narón adheriuse á campaña Como cho digo ;-), creada e impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), mostrando así o seu apoio a unha iniciativa que busca unha maior presenza da lingua galega na prensa.

Despois da aprobación por unanimidade de todas as organizacións políticas no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Educación, organizou o día 25 de xuño ás 19.00 h no Café Teatro un acto público no que participaron diversas asociacións culturais e deportivas, representantes municipais e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa.

Se queres mostrar o teu apoio e adherirte á campaña Como cho digo podes facelo a través da web www.comochodigo.eu. Podes facelo de xeito individual ou como entidade. É moi sinxelo. Anímate.


<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal