Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade aautopista AP-9 Ferrol-Narón-Madrid ten enlaces cos núcleos urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Rio do Pozo a través de vías de alta capacidade. Estos ramais da autoestrada conectan tamén ós núcleos urbanos entre sí. A autovía A-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba, posúe tres accesos no término municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas, a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do Concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo. Varias liñas de autobuses comunican o término municipal cos concellos limítrofes.
Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón, de FEVE, é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana. Aínda que tamén discorre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid(RENFE) no tiene estación en Narón, de manera que hay que desplazarse a los ayuntamientos limítrofes de Ferrol o Neda para usar este medio.
Por Aire: en canto ao transporte aéreo, hai que mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por autoestrada/estrada desde Narón. Esta situación converte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata o concello desde lonxe.
Distancias quilométricas dende Narón a outras localidades galegas
localidade | Distancia (Km) |
A Coruña | 54 |
Ares | 20 |
As Pontes de García Rodriguez | 32 |
Betanzos | 40 |
Cedeira | 29 |
Ferrol | 5 |
Fisterra | 154 |
Lugo | 98 |
Miño | 27 |
Monfero | 39 |
Mugardos | 21 |
Neda | 4 |
Ourense | 180 |
Ortigueira | 43 |
Pontevedra | 153 |
Pontedeume | 20 |
San Andres De Teixido | 40 |
San Sadurniño | 12 |
Santiago De Compostela | 95 |
Tui | 203 |
Valdoviño | 8 |
Vigo | 190 |
Vilalba | 60 |
Vilarrube | 19 |
Viveiro | 78 |
Distancias quilométricas dende Narón ás capitais do resto de Comunidades Autónomas
Comunidade | Cidade | Distancia (Km) |
Andalucía | Sevilla | 933 |
Aragón | Zaragoza | 819 |
Asturias | Oviedo | 326 |
Cantabria | Santander | 534 |
Castilla la Mancha | Toledo | 661 |
Castilla León | León | 320 |
Cataluña | Barcelona | 1104 |
Extremadura | Mérida | 789 |
Illes Balears | Palma | 1390 |
Islas Canarias | Las Palmas | 2601 |
Islas Canarias | Tenerife | 2495 |
La Rioja | Logroño | 635 |
Madrid | Madrid | 595 |
Murcia | Murcia | 996 |
País Vasco | Vitoria | 617 |
Navarra | Pamplona | 725 |
Valenciana | Valencia | 947 |
Ceuta | Ceuta | 1270 |
Melilla | Melilla | 1340 |