Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Contorno
CLIMATOLOXÍA

Pola súa situación xeográfica, o Concello de Narón presenta un clima temperado de tipo oceánico, caracterizado por temperaturas pouco extremadas e cunha oscilación térmica pequena, con invernos suaves e veráns frescos.

Prema aquí para ver a información meteorolóxica subministrada polo Instituto Nacional de Meteorología

MEDIOAMBIENTE

Son moitos os lugares naturais de gran valor cos que conta Narón. De entre todos eles, o Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal salvagarda unha serie de zonas que cómpre protexer pola súa valía ecolóxica excepcional:

> Vilarquinte-A Lagoa: que abrangue a franxa costeira e os montes da Lagoa, na parroquia do Val.

> Pereiruga-Nenos: área forestal de 400 hectáreas, situada nas zonas altas de Pedroso e Sedes. Destaca pola gran variedade de fauna que a habita.

contorno

> A franxa da Ría: malia ser unha zona altamente urbanizada, o espazo entre Punta Caleira e a desembocadura dos ríos Freixeiro e Salgueiro presenta unha costa suave de importante vida mariña.

> As cuncas dos ríos Xuvia, Castro, Salgueiro, Pereiro e Freixeiro: que unen ao discorrer dos propios ríos unhas marxes de gran riqueza paisaxística.

> Las cuencas fluviales de los arrollos.

DEMOGRAFÍA

Preto de 40.000 persoas alzan a Narón como o oitavo municipio máis poboado de Galicia. Nin sequera a acusada crise de natalidade que sufre o país modificou a tendencia crecente do censo desde comezos do século XX, cando contaba con pouco máis de 8.000 habitantes.

contorno

Un dato relevante que amosa o desenvolvemento poboacional é que tan só un de cada tres censados naceu neste concello. Ao abeiro das posibilidades de traballo, o concello foi porto de chegada de preto de 17.000 persoas, principalmente dos municipios lindeiros.

O oitenta por cento dos veciños de Narón están agrupados na capital, Narón, que se corresponde co núcleo urbano integrado polos barrios da Gándara, Alto do Castiñeiro, O Couto, Santa Icía, Piñeiros e Xuvia; distribuíndose a poboación restante entre as parroquias da zona rural: Castro, Doso, O Val, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes e Trasancos.


<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal