Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
A Golpe de Vista

Narón é a oitava cidade de Galicia cunha poboación que xa superou os 40.000 habitantes. Os veciños/as distribúense entre os seis barrios que compoñen o centro urbano e as sete parroquias da zona rural. Situado na Terra de Trasancos coruñesa, Narón conta cunha extensión de 66,2 Km², e o seu contorno dota a este territorio dunhas características climáticas de tipo oceánico, suaves e con temperaturas pouco extremas.

A localización de Narón no noroeste galego dificultou historicamente o seu acceso desde outros lugares do país. Na actualidade o termo municipal ten conexións coa autoestrada AP-9 e a autovía A-64 Ferrol-Vilalba. A posibilidade de opcións como o tren da costa e a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago fan do noso Concello un destino ben comunicado.


As fotografías que aquí amosamos son unha chamada para todas as persoas que visiten o noso municipio e que poderán gozar de variadas rutas turísticas que percorren o termo municipal e que descobren fermosos recantos como o Mosteiro de S. Martiño no Couto ou o Muíño de Xuvia

Da súa beleza paisaxística temos que salientar a riqueza das festas e tradicións que durante todo o ano se desenvolven en Narón, e que veñen enriquecidas polo feito de contar cunha historia de seu que medra día a día.

Muíño de Xuvia
Muiño de xuvia
Mosteiro do Couto
Mosterio do couto

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal