Se celebra o sábado 13 de abril no Recinto Feiral do Trece, en Sedes.
Narón, 5 de Abril de 2013.- A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a ultimar a organización da Feira do Cabalo ‘Equinarón 2013’ que se celebrará o sábado 13 de abril no Recinto Feiral do Trece (Sedes).
Os interesados en participar, poden inscribirse xa no Mesón A Trasanquesa (Sedes) ou ben unha hora antes de comezar a feira, no propio recinto. Para poder participar nas probas, é imprescindible presentar unha fotocopia do Libro de Identificación Cabalar (LIC). As probas comenzarán ás 10:00 horas e se realizarán todas pola mañá.
Este ano haberá as seguintes competicións:
Probas libres:
- Arrastre
- Trote do país
- Marcha libre
Probas federadas:
- Andadura serrada, dous tempos
- Andadura chapeada, catro tempos
- Marcha de trotóns
As probas libres celébranse este ano por vez primeira. Haberá premios en metálico para cada unha destas competicións.
Os interesados en participar poden obter máis información chamando ó número de teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensión 1517).