REUNIÓN COA PLATAFORMA DE COLECTIVOS CONTRARIOS Ó TRAZADO SUR DO FERROCARRIL Ó PORTO EXTERIOR
O Alcalde de Narón comprometeuse a levar esta reivindicación ó Pleno Ordinario do mes de abril, en forma de moción.
Narón, 9 de Abril de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe á Plataforma de colectivos que se opón ó trazado sur do ferrocarril ó porto exterior, cuxa declaración de impacto ambiental foi aprobada en marzo deste ano, e publicada no BOE do 6 de abril de 2013.
Estos colectivos rexeitan o trazado sur e seguen a defender a opción norte coma a máis óptima en tódolos sentidos. O rexedor naronés, que tamén defende esta alternativa, comprometeuse a trasladar o tema á Xunta de Portavoces que se celebrará o luns 22 de Abril. Posteriormente, levarase ó Pleno Ordinario –en forma de moción- o día 25 de Abril.