RECEPCIÓN A UNHA NENA DE NARÓN QUE NACEU O DÍA DA INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO
Adela Fernández Cabanas cumpríu 10 anos coincidindo co Día Internacional do Libro, o pasado 23 de Abril.
Narón, venres 26 de Abril de 2013.- O Alcalde de Naron, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción na Alcaldía a Adela Fernández Cabanas, que naceu o mesmo día no que se inaugurou o edificio da Biblioteca Municipal do Alto. O inmoble cumpríu 10 anos o pasado 23 de Abril, coincidindo co Día Internacional do Libro.
Na recepción, o Alcalde estivo acompañado pola Concelleira de Educación e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada. José Manuel Blanco entregoulle a Adela -socia da biblioteca dende o seu nacemento- un lote de libros en galego e un agasallo.