Celebrouse o sábado 29 de xuño, no entorno da Feira do Trece (Sedes).
Narón, 3 de Xullo de 2013.- O Encontro Municipal Interxeneracional, que celebrouse na Feira do Trece (Sedes) congregou a un milleiro de persoas o pasado sábado 29 de xuño.
Co obxectivo de favorecer a convivencia comunitaria e o envellecemento activo, celebrouse este encontro de persoas maiores e as súas familias. Esta xornada incluíu unha exposición de traballos e experiencias persoais e colectivas de diversas actividades: activación saudable, demostracións con actuacións artístico-expresivas, baile, xogos e actos protocolarios.
O programa de actividades foi o seguinte:
10:30 horas: Presentación
11:00 horas: Ximnasia
11:15 horas: Pilates
11:30 horas: Ioga
11:45 horas: Cancións
12:00 horas: Musicoterapia
12:15 horas: Cantareiras do Fogar de Maiores de O Val
12:30 horas: Bailes de Salón
12:45 horas: Cantar e divertirse xunt@s
13:00 horas: Danza oriental
13:15 horas: Coral municipal
13:30 horas: Agradecementos
14:00 horas: Xantar
16:00 horas: Entrega de diplomas
16:30 horas: Baile
18:00 horas: Sorteo de agasallos
19:00 horas: Regreso
Durante toda a xornada houbo tamén xogos inchables infantís, exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía.