ÉXITO DE RECADACIÓN NO I DESFILE SOLIDARIO A BENEFICIO DAS ONG'S CÁRITAS E DIGNIDAD
Contabilizáronse máis de 600 kilos de alimentos, máis de 200 kilos de roupa e máis de 1.000 euros en metálico, a beneficio do Centro de Recursos Solidarios que xestionarán ambas ONG'S.
Narón, 1 de xullo de 2013.- O Auditorio da Praza de Galicia acolleu o pasado venres 28 de xullo o I Desfile Solidario, organizado polo Concello de Narón, a Facultade de Enfermería da Universidade de A Coruña, Cáritas e Dignidad, a beneficio do Centro de Recursos Solidarios de Narón (onde se centralizará toda a axuda das ONG’s Cáritas e Dignidad).
A entrada era voluntaria, e consistíu na entrega de alimentos, roupa ou donativos.
Unha vez feito o reconto, a recadación deste Desfile Solidario foi a seguinte:
-630 kilos de alimentos
-223 kilos de roupa
-1.384 euros en metálico
Baixo o lema ‘Juntos podemos’ este desfile levouse a cabo para recadar alimentos (principalmente leite, conservas, aceite e produtos de hixiene), roupa e donativos para axudar ós máis necesitados. A convocatoria foi un éxito, xa que ocupáronse as 382 localidades disponibles no Auditorio.
O desfile constou de cinco bloques, nos que se viron diferentes estilos de moda na seguinte orde:
1º Sport
2º Casual
3ºFesta
4º Concello
5º Nupcial
No apartado Concello desfilaron os seguintes representantes políticos municipais: José Manuel Blanco (Alcalde de Narón), Catalina García (Concelleira de Acción Social, conductora á súa vez do Desfile), Mª del Mar Gómez (Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Feiras e Mercados), María Rodríguez Porto (Concelleira de Turismo e Novas Tecnoloxías), Teresa Sabio (Concelleira de Promoción Social e Igualdade). Tamén subiron á pasarela tres funcionarios do Concello de Narón.
Ademáis, desfilaron outras 70 persoas (nenos/as, mozos/as e adultos), entre voluntarios, usuarios, traballadores e socios de Dignidad e Cáritas,estudantes de Enfermería e cidadáns anónimos, que desexaron colaborar con esta causa.
O evento contou coas seguintes actuacións musicais:
-Grupo ‘Alén de Ancos’ (un gaiteiro e un guitarrista abriron e pecharon o desfile coa súa música)
-Cantautor Miguel Castro (actuou, e puxo á venta o seu CD, doando a metade do que recadou ó Centro de Recursos Solidarios)
-Bea García, cantante e show-woman (veciña de Xuvia. Interpretou dúas cancións do xénero cabaret)