EMERXENCIAS NARÓN LEVOU A CABO UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN COLABORACIÓN COA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
Narón, 3 de Xuño de 2013.- O Servizo de Emerxencias Narón ven de levar a cabo un Curso de Primeiros Auxilios, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública, no marco dun convenio de colaboración entre o Concello de Narón e este organismo público.
O seminario tivo lugar na Base de Emerxencias Narón (situada no polígono de Río do Pozo) os días 27 e 28 de xuño, e 1, 2 e 3 de xullo.
O obxectivo deste curso foi dotar ós participantes de coñecementos en primeiros auxilios, e da conduta PAS (Protexer, Avisar e Socorrer) para posibilitar unha resposta eficaz á persoa accidentada antes da chegada dos servizos sanitarios e o seu traslado a un centro hospitalario.
No Curso de Primeiros Auxilios participaron profesionais do Servizo de Emerxencias, voluntarios de Protección Civil e membros da Policía Local de Narón.