CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN DA TERCEIRA IDADE DE PEDROSO
A entidade recibirá unha achega de 2.500€ para realizar actividades culturais e deportivas dirixidas ó colectivo de persoas maiores.
Narón, 29 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación da Terceira Idade de Pedroso, Rodrigo López Calvo, veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións sociocomunitarias en materia de persoas maiores (principalmente actividades culturais e deportivas).
Este acordo ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013) e suporá unha achega económica de 2.500€ por parte do Concello. A Asociación da Terceira Idade de Pedroso comprométese, pola súa parte, a desenvolver o programa anual aprobado pola asamblea ou a xunta directiva (no que poden participar tódalas persoas interesadas) e á apertura e peche das instalacións do centro de maiores de Pedroso.