A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL ATENDEU NO PASADO ANO A 4.702 USUARI@S
A OMIX está situada no 1º andar da Casa Consistorial, e abre ó público de luns a venres en horario de mañá.
Narón, 22 de Xaneiro de 2014.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar o resume anual da actividade rexistrada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.
A OMIX está situada no 1º andar do Concello e abre en horario de atención ó público –de luns a venres de 8:00 a 13:30 horas-. Tamén pódese contactar por correo electrónico (omix@naron.es) ou por teléfono (981 33 77 00- extensión 1103). A través dunha destas tres canles (presencialmente, por teléfono o por mail) a OMIX atendeu no ano pasado a un total de 4.702 usuarios (1.943 homes e 2.759 mulleres)
Ademáis, no 2013 a OMIX levou a cabo actividades organizadas dende esta oficina, e tamén en colaboración con outras entidades, coa participación de case 700 mozos e mozas en conxunto.
Actividades organizadas dende a OMIX:
-Escola de Música Moderna (imparte clases de batería, baixo, guitarra, e iniciación á música). 30 alumn@s
-Aulas de ensaio para grupos noveis. 18 usos.
-Kedada-xornada de encontro da mocidade con estudos superiores para a busca de alternativas creativas. 30 participantes
Actividades organizadas en colaboración con outras entidades:
-XI Encontro Local da Mocidade (en colaboración co Club Tiro con Arco de Narón, Club Tenis de Mesa, Coro IES Terra de Trasancos, Coro Os Anxos de Nelu, Sobre Rodas Patinaxe, e Trasnos de Fene), no que participaron 400 moz@s.
-Carpa Xplora Mocidade (en colaboración coa Xunta de Galicia), con 100 visitantes.
-Obradoiro Activa sobre Orientación Laboral (en colaboración coa Xunta de Galicia), con 24 participantes.
-Obradoiros Actívate de Patinaxe e Graffiti no Nadal (en colaboración con Sobre Rodas Patinaxe e graffiteros) con 75 participantes.
Para difundir as actividades que se realizan dende a OMIX, existen varios canles de comunicación:
-Revista semestral Dameuntoke: no ano 2013 editáronse os números 8 e 9 desta publicación gratuita, dirixida a moz@s de Narón e que se reparte nos centros educativos e lugares de interese (Casa da Mocidade, Biblioteca, pavillóns polideportivos, Pazo da Cultura, etc…)
-Páxina web da Concellería de Mocidade (www.dameuntoke.eu) : no ano 2013 tivo un total de 14.805 visitas.
-Redes sociais: Facebook de Dameuntoke rexistrou 3.547 seguidores e Twitter outros 337.
-Outros canles: páxina web do Concello, pantallas dixitais instaladas nos barrios de Narón, taboleiros informativos, folletos, e-mails, e antenas informativas nos IES.