CONCENTRACIÓN NA PRAZA DE GALICIA PARA CONDEAR O ASASINATO DE DÚAS MENORES EN MORAÑA
Representantes da corporación local, funcionarios e persoal laboral do Concello de Narón gardaron dous minutos de silencio como sinal de repulsa ao doble crime
Narón, 3 de agosto de 2015.- A praza de Galicia de Narón acolleu unha concentración silenciosa para condear o crime de dúas menores, de 4 e 9 anos, en Moraña (Pontevedra), asasinadas o pasado venres día 31 de xullo, presuntamente polo seu pai, co que pasaban parte das súas vacacións de verán.
Representantes de todos os grupos da corporación local naronesa, funcionarios e persoal laboral gardaron dous minutos de silencio en lembranza das vítimas, Amaya e Candela, e como sinal de repulsa a este doble crime das dúas menores na citada localidade pontevedresa.