A cita terá lugar mañá. día 26, a partir das cinco da tarde, hora desde a que se sucederán varias actividades
Narón, 24 de setembro de 2015. O Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros” acollerá mañá, día 26, unha Festa Infantil con obradoiros abertos, sesión disco e candy bar. As actividades, gratuítas e dirixidas a nenos e nenas ¬e ás súas familias, comezarán a desenvolverse ás 17.00 horas e prolongaranse durante toda a tarde.
O programa deseñado para a ocasión iniciarase ás 17.00 horas, con sesión de ioga para bebés de 0 a 2 anos –que terán que estar acompañados- e cun obradoiro de cociña creativa que terá unha duración dunha hora. Entre as 17.45 e as 18.15 será a segunda sesión de ioga, neste caso para nenos e nenas de 2 e 3 anos e de 18.30 a 19.00 a dirixida a menores con máis de catro anos. Tamén ás 18.30 comezará a sesión de bailes de animación e, por último, de 19.30 a 21.00 horas, haberá unha sesión discoteca con candy bar.