Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCEDIDOS 3,9 MILLÓNS DE EUROS DA UNIÓN EUROPEA PARA PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE NARÓN
O Concello presentou a finais de 2007 unha relación de proxectos que se beneficiarán das axudas do Plan FEDER.
Narón, 16 de Xuño de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para informar da concesión dunha achega económica de 3.993.823,96 euros procedentes dos fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) da Unión Europea. O Concello de Narón recibirá o 70% do importe total previsto para o Programa de Desenvolvemento Local Narón-1, elaborado por técnicos municipais baixo petición do goberno local, e presupostado en 5.705.462,80 €. O rexedor non ocultou a súa satisfacción por esta nova tan positiva para o Concello de Narón, que por primeira vez acudía á convocatoria da Unión Europea e do Ministerio de Administracións Públicas, de xeito individual. Xoán Gato lembrou que en anos anteriores, o Concello tivo como intermediario á Deputación Provincial pero que nesta ocasión acudíu presentando un proxecto propio, que contempla unha serie de melloras en edificios públicos e infraestructuras do municipio. “Os concellos temos que loitar por ter autonomía e xestión propia, sen que se interpoñan as diputacións provinciais xa que moitas veces o que fan é actuar parcialmente”, declarou. Os proxectos incluidos no Programa de Desenvolvemento Local Narón-1, e que se verán beneficiados do 70% das axudas –en términos xerais- son os seguintes: -Instalación de placas fotovoltaicas e solares térmicas na Casa do Concello e no Centro de Formación e Emprego (A Gándara). -Instalación de paneis de enerxía solar térmica no Edificio da Policía Local e de Servicios (na Estrada de Cedeira) e nas aulas do futuro Pazo da Cultura. -Instalación da rede de internet inalámbrica (WIFI) nas zonas rurais. -Reforma da Ponte sobre o Río Freixeiro na Estrada Miguel de Cervantes (O Cadaval), para evitar inundacións e desbordamentos do mesmo. -Rehabilitación forestal do paseo marítimo de Xuvia. -Rehabilitación e acondicionamento do parque forestal de O Couto. -Supresión dos pasos a nivel de FEVE na rúa transversal de A Torre e na rúa Virxe de Covadonga. -Construcción dunha escola infantil en Xuvia. -Pabellón polideportivo cuberto. -Construcción dun edificio complementario no parque temático Aldea Nova (Sedes). -Climatización do edificio de aulas do Pazo da Cultura. Todos estos proxectos se desenvolverán en duas anualidades, e o 30% restante das inversións necesarias para levalos a término (1.460.000 euros) será aportado polo propio Concello, aínda que o Alcalde agarda que a Unión Europea poida habilitar unha nova partida de medio millón de euros –aproximadamente- na convocatoria do 2009.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal