O Concello pechou as instalacións municipais ao aire libre debido ao risco por vento decretado desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Narón (Speis) anunciou a suspensión das actividades municipais ao aire libre e o peche das instalacións municipais ao aire libre tras recibir o aviso de alerta laranxa desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Así mesmo, no que respecta ás instalacións temporais, o titular da preceptiva autorización municipal deberá adoitar as medidas de seguridade que sexan necesarias para evitar accidentes.
Desde o Concello solicítase que se extremen as medidas de precaución para evitar posibles danos ante esta alerta laranxa por fortes ventos e intensas precipitacións.