O CENSO PARA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS E EUROPEAS PODE CONSULTARSE ATA O 15 DE ABRIL
As persoas interesadas en comprobar os seus datos poden facelo no Concello ou a través da sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística
Narón, 8 de abril de 2019. O censo electoral de Narón para as eleccións municipais e ao Parlamento Europeo do 26 de maio pode consultarse desde hoxe, día 8, ata o vindeiro luns, 15 de abril nas oficinas do Negociado de Estatística, na planta de acceso ao Concello, en horario de 8.30 a 13.30 de luns a venres.
O trámite pode realizarse tamén por internet na sede electrónica do INE utilizando o DNI dixital, e habilitáronse uns teléfonos de consulta do censo electoral a través do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 e o último día, o 15 deste mes, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.