MILLEIROS DE PERSOAS PRESENCIARON A CABALGATA SOLIDARIA DE NARÓN COA QUE REMATARON OS ACTOS DE NADAL NA CIDADE
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, valorou e agradeceu o esforzo e o traballo de máis de 300 persoas que participaron activamente na confección das carrozas solidarias e o desfile da cabalgata
Narón, 10 de xaneiro de 2020. Unha participación masiva de persoas de Narón e visitantes flanquearon ao longo do percorrido as 11 carrozas solidarias acompañadas dos grupos veciñais que participaron na súa elaboración, para a que foron empregados materiais reutilizados e reciclados. A comitiva, que acompañaba aos Reis Magos, foi recibida na Praza de Galicia por máis de duas mil persoas que disfrutaron dunha festa infantil e dunha degustación gratuita de chocolate con churros.
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, valorou e agradeceu “o esforzo e o traballo de máis de 300 persoas que participaron activamente na confección das carrozas solidarias e o desfile da cabalgata“
As entidades colaboradoras foron:
Asociacións veciñais de: A Gándara, Xuvia, O Couto, O Alto, Doso, San Xiao, Freixeiro e O Val.
ANPAS dos centros educativos de: Ponte de Xuvia, Jorge Juan e Piñeiros
Outras entidades: Sociedade cultural Areosa de Piñeiros, Grupo de ganchillo de Xuvia, Aurega, Fojeteiros, ASCM, Saúde mental Ferrolterra, Eume e Ortegal, Autos clásicos, Club de pensionistas de A Solaina, Asociación de bombeiros de Narón e Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Para o Centro de Recursos Solidarios de Narón o resultado da xornada foi moi satisfactorio, tal como manifestaron desde a Asociación, xa que as doazóns acadadas concretáronse nun total de 97 Kg. de alimentos non perecedoiros, 6
l. de leite e 55 unidades de produtos de hixiene. A concelleira de Benestar Social recordou que “un ano máis, este evento tivo un marcado carácter social co obxectivo fundamental de transmitir unha mensaxe colectiva afastada do consumismo e coa solidariedade como unha das súas prioridades”