O CAFÉ TEATRO DO PAZO ACOLLERÁ ESTE XOVES UNHA PONENCIA SOBRE "A EXHIBICIÓN CINEMATOGRÁFICA NA TERRA DE TRASANCOS TRALA CHEGADA DE LAUREN CINEMAS"
O comisario da mostra "Os cines perdidos de Narón", Benjamín Hermida, presentará aos poñenetes, Constantino Sambade e Juan García, xerente e subxerente respectivamente de Odeón Multicines Narón
Narón, 25 de maio de 2021. O xerente de Odeón Multicines Narón, Constantino Sambade, e o subxerente e xefe técnico de Odeón Multicines Narón, Juan García, impartirán o vindeiro xoves, día 27, unha ponencia sobre “A exhibición cinematográfica na Terra de Trasancos trala chegada de Lauren Cinemas. Presente e futuro da mesma”. O Concello de Narón colabora con esta iniciativa, impulsada por Benjamín Hermida, comisario da mostra “Os cines perdidos de Narón” e autor do libro “Os cines perdidos de Narón. Eco dos dez latexos cinematográficos de Narón (1934-1990). A cita comezará ás 19.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura e a entrada é libre ata completar o aforo, dun máximo de 40 persoas debido á actual situación sanitaria.
Hermida destacou a traxectoria profesional dos dous ponentes, con máis de dúas décadas adicados ao mundo do cine e traballando en recoñecidas empresas do sector.