A ALCALDESA E O EDIL DE SERVIZOS VISITARON A INSTALACIÓN DO ARENERO INFANTIL NO PARQUE DE FREIXEIRO
A intención do Concello é seguir traballando nesta liña para aumentar as prazas de xogos infantís en beneficio dos nenos e nenas do municipio
Narón, 14 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, visitou esta mañá acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla, a nova instalación do arenero infantil na área do parque de Freixeiro, na que o Concello invirtiu un total de 23.968,88 euros.
A rexedora local manifestou que a obra ten como oxecto engadir valor agregado á área infantil do parque, aumentando a capacidade de usuarios e a oferta de variedade de elementos de xogo para uso infantil.
A necesidade de aumentar o número de usuarios dos parques infantís é unha prioridade para os concellos, neste sentido considerase importante calquera intervención que busque fortalecer a estrutura dispoñible para os usuarios e usuarias infantís no Concello.
Santalla recordou que a instalación do arenero infantil no parque de Freixeiro é a segunda destas características executada no municipio e manifestou a intención do Concello de seguir traballando nesta liña para seguir aumentando as prazas de xogos infantís en beneficio dos nenos e nenas e das súas familias que precisan de espazos axeitados e seguros nos que ademáis se favorece a socialización por medio de actividades lúdicas.