AMPLIACION DO PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS NATURAIS E PISCINAS
Pinche nesta noticia para descargar a ficha de inscripción e a documentación complementaria.
Narón, 9 de Abril de 2010.- A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de ampliar o prazo de inscripción para participar no I Curso de Socorrista en instalacións acuáticas e en espazos acuáticos naturais. Os interesados poderán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro venres 16 de abril. (Poden recabar tódala información necesaria, así coma descargar o impreso de inscripción, ó final desta noticia)
Para realizar este curso tense firmado un convenio de colaboración coa Universidade de A Coruña, cuxos docentes serán os encargados de impartilo. É imprescindible que o número de inscritos sexa como mínimo de 20 persoas. E para evitar a devolución do importe da matrícula en caso de non cubrir este número de prazas, as inscripcións se realizarán do seguinte xeito:
1º Os interesados cubrirán a correspondente ficha de inscripción, seleccionando no recadro o tipo de curso que desexan realizar (ofértanse tres modalidades: socorrismo en instalacións acuáticas, socorrismo en espazos acuáticos naturais, ou ben ambos). Deberán entregala no Rexistro do Concello.
2º Tódolos seleccionados serán chamados telefonicamente o último día de inscripción (9 de abril) para comunicarlles que deben facer o ingreso bancario da matrícula. En caso de que os inscritos superen o número de prazas do curso, se adxudicarán por riguroso orde de inscripción.
O resgardo do ingreso bancario deberá achegarse xunto co resto da documentación requerida para a matrícula ese mesmo día nas oficiñas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara. Nese momento se informará do inicio do curso, tendo en conta que a súa duración será aproximadamente de 2 meses.
A información sobre o curso tamén pode solicitarse no Rexistro Xeral do Concello, que funciona de 8:30 a 13:30 horas.
O curso se desenvolverá entre os meses de abril e xuño deste ano na piscina municipal de A Gándara, na Casa da Mocidade, e en diferentes praias da comarca. Os únicos requisitos para participar son ter 18 anos cumpridos (ou ter 16 e a correspondente autorización paterna) e saber nadar. Terán prioridade na inscripción os empadroados en Narón e os estudiantes universitarios da UDC, ós que se realizará un desconto na tarifa do curso (pagarán 320€) fixada en 384€.
O programa do seminario establece un total de 520 horas repartidas entre clases teóricas e prácticas (estas últimas suman 114 horas presenciais). A duración do mesmo é de 2 meses (as clases serán as tardes dos venres, o sábado todo o día, e o domingo pola mañá) comenzando en abril e rematando en xuño. Ó longo destas semanas, os alumnos realizarán un total de 6 probas para valorar os seus coñecementos, ademáis de tres exámenes teóricos.
Ó superar o curso, obterán a certificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas e socorrismo en espazos acuáticos naturais, avalada polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC, ademáis de tres créditos de libre configuración recoñecidos pola UDC.
Os encargados de impartir o curso serán profesores da Universidade de A Coruña, da Universidade de Vigo, da Universidade de Salamanca, e licenciados en diversas disciplinas relacionadas co deporte (como a Mediciña ou a Actividade Física). Os contidos se dividen nos seguintes módulos: natación, prevención de accidentes nas instalacións acuáticas, rescate de accidentados en instalación acuáticas, prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais, rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais, e primeiros auxilios.
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o coordinador do grupo de investigación en actividades acuáticas e socorrismo da Universidade da Coruña, José Palacios, asinaron o pasado 26 de marzo un convenio de colaboración para levar a cabo este curso.