A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria celebrada este mediodía, á que asistiron outros representantes da corporación local e traballadoras e traballadores do Consistorio
Narón, 7 de febreiro de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración convocada este mediodía no Concello en repulsa do asesinato machista dunha muller en Baiona, Pontevedra. O suceso tivo lugar o pasado domingo, cando o presunto asasino, Ángel Rodríguez, golpeou mortalmente na cabeza á vítima, Beatriz Lijó, de 47 anos. O suceso é o primeiro crime machista deste ano en Galicia e o oitavo a nivel estatal no que vai de ano.
Á convocatoria, na que se gardou un minuto de sinlencio en sinal de condena dos feitos e solidariedade coa familia da muller asasinada, acudiron tamén outros representantes da corporación local, entre eles a edil de Igualdade, Mar Gómez, e tamén traballadoras e traballadores do Concello. No transcurso da convocatoria os políticos locais portaron unha pancarta do Concello co lema “Contra a violencia de xénero”.