A cita desenvolverase do 7 ao 11 de decembro no Pazo da Cultura e na mesma planificaranse os festivais do vindeiro ano
Narón, 1 de decembro de 2023. O Congreso anual de Festifolk España celebrarase este mes de decembro, do 7 ao 11, no Pazo da Cultura. O Festival Internacional de Folklore de Narón será o anfitrión das xornadas de traballo e estudo da citada asociación, que aglutina a 27 festivais internacionais de folklore que se celebran a nivel estatal.
No transcurso da convocatoria celebrarase a asemblea para aprobar o traballo realizado ao longo deste ano e tamén para deseñar un planing cos festivais e grupos convidados que actuarán o vindeiro ano nos festivais que se programen en España.
Na xornada do venres os participantes neste congreso realizarán unha visita por diferentes zonas de Narón e está tamén prevista unha recepción institucional.
O grupo de baile tradicional Alxibeira e o Concello de Narón colaboran na organización deste congreso anual.