Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE CARNICEIROS E CEDE CARNE UN EVENTO PARA RECAUDAR FONDOS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A edil de Benestar Social, María Lorenzo, presentou a convocatoria xunto con Bruno Casal, seleccionador da Selección Española de Carniceiros, e Rosendo Anidos, directivo do Centro de Recursos Solidarios de Narón
Narón, 9 de febreiro de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, presentou xunto con Bruno Casal, seleccionador nacional da Selección Española de Carniceiros e Rosendo Anidos, directivo do Centro de Recursos Solidarios, un evento que se celebrará, con carácter solidario, o vindeiro 30 de marzo na cidade. A edil naronesa avanzou que a proposta consistirá nunha exhibición de pezas de carne, un showcooking da Selección Española de Carniceiros, unha comida solidaria e un baile. As persoas interesadas en acudir poderán adquirir dende mañá as entradas, a un prezo de 22 euros para adultos e un menú infantil de 10 euros, para degustar diferentes elaboracións feitas con carnes variadas. O pavillón polideportivo da Solaina acollerá esta cita, que representa, tal e como indicaron dende a organización, unha oportunidade para recaudar fondos destinados ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. O Concello colabora nesta iniciativa, organizada pola Selección Española de Carniceiros, Cedecarne e no que tamén colaboran a Carnicería Bruno e Ternera Gallega, entre outras entidades. Bruno Casal explicou que se trata “dun evento pioneiro en España” e avanzou que se habilitará un expositor de oito metros, no que se amosarán unha gran variedade de pezas de carne. A maiores, no showcooking participarán recoñecidos profesionais do sector chegados a Narón de diferentes puntos de España e incluso de México, que elaborarán a comida que se servirá para a ocasión, con carne de porco, tenreira, cordeiro, polo… Dende mañá, e ata o 23 de marzo, poderán mercarse as entradas nas cervexerías Nueva Orleáns, El Mercado e Excelsior, no local social da Gándara, na Carnicería Bruno, no Bar Chis, no Café bar Marinito e no local social da AVV San Mateo. Amenizará a xornada a orquestra Panamá. Pola súa banda, Rosendo Anidos agradeceu a iniciativa “pola axuda que representa para o Centro de Recursos Solidarios de Narón”. Finalmente, a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, destacou a importancia de organizar “este tipo de eventos cun fin solidario tan necesario, como é axudar ao Centro de Recursos Solidarios, que atende a decenas de familias de Narón e incluso doutros concellos en situación de vulnerabilidade”. A edil naronesa agradeceu “a gran implicación de todas as persoas que se sumaron a esta proposta para facela posible” e animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a acudir a este evento.

<<< Febreiro 2024 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29  
Eventos do Concello
naron.gal