O AUDITORIO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A CONFERENCIA "LA MUJER Y LAS ALTAS CAPACIDADES"
A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, indicou que serán dous integrantes do centro Ayalga os encargados de impartila
Narón, 7 de marzo de 2024. A asociación Áurega organiza en colaboración co Concello a conferencia “La mujer y las altas capacidades”, que impartirán dous representantes do centro Ayalga, Luis Pérez e Féliz Ruíz. A convocatoria, tal e como indicou a edil de Ensino, Olga Ameneiro, terá lugar este sábado, día 9, a partir das 11:30 horas no Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia.
Durante a conferencia abordaranse os resultados do estudo realizado no screening no que participaron o pasado mes de xaneiro, os días 27 e 28, un total de 60 mulleres e nenas, tal e como indicaron dende o colectivo.