OS BOMBEIROS DO SPEIS CELEBRARÁN MAÑÁ O SEU PATRÓN CUN PASARRÚAS POLA ZONA URBANA DA CIDADE
Os profesionais do servizo partirán sobre as 10:30 horas do parque de bombeiros de Río do Pozo, tal e como indicou o edil José Oreona
Narón, 7 de marzo de 2024. Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón celebrarán mañá o patrón dos bombeiros, San Xoán de Deus, cun pasarrúas por algunhas das vías do centro da cidade. Así o avanzou o concelleiro responsable da área, José Oreona, que explicou que sairán con algúns dos vehículos do parque do SPEIS do Río do Pozo sobre as 10:30 horas.
O percorrido marcouse para que poidan achegarse ata os centros de ensino da cidade, polo que estarán nas inmediacións dos do Feal, Virxe do Mar, Ayala, A Solaina, Santiago Apóstol, A Gándara, Domirón, Piñeiros, Jorge Juan e o Ponte de Xuvia.