Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA COA ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA UNHA HOMENAXE Á FAMILIA DÍAZ CORRAL
O acto, aberto á cidadanía en xeral, celebrarase o 6 de abril no parque do Cadaval a partir das 12:00 horas
Narón, 2 de abril de 2024. O parque do Cadaval, en Freixeiro, acollerá este sábado, día 6, unha homenaxe á familia de Rudesindo Díaz Beceiro e Benigna Corral Yáñez, un matrimonio asentado en Narón que nos tempos máis duros da ditadura franquista acolleu no seu fogar a veciñanza perseguida polo réxime. O Concello organiza o acto, que dará comezo ás 12:00 horas e está aberto á asistencia da cidadanía, xunto coa Asociación Memoria Histórica Democrática e coa implicación de Siro López, cuxa familia foi unha das protexidas na época. No transcurso da convocatoria, á que acudirán representantes da corporación local, da asociación Memoria Histórica Democrática e familiares e veciños da familia Díaz Corral, entre outros, descubrirase unha placa en lembranza e recoñecemento de Rudesindo e Beigna e tamén, de todas aquelas persoas que tamén acolleron aos perseguidos. A familia Díaz Corral vivía no Camiño de Cornido, na parroquia naronesa do Couto, e entre os anos 1936 e 1954 axudou a numerosas persoas, que se salvaron dunha morte case segura grazas á súa xenerosidade, que debido aos sacrificios realizados incluso perdeu a súa vida. Na bodega da súa casa construíu un agocho onde se resgardou temporalmente moita xente, en ocasións ata seis persoas, ás que lles daban cobixo e alimentos. Rudesindo e Benigna tiveron dous fillos, que tamén axudaron incluso cando os seus pais faleceron. Dende o Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática convidan a todas as persoas interesadas a asistir a este acto de recoñecemento ao labor desta familia de Narón e de tantas outras que fixeron o propio nas súas casas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal