Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALGO MÁIS DUN CENTENAR DE RAPAZAS E RAPACES PARTICIPARON DURANTE A SEMANA SANTA NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA XUVENIL "QUEDAMOS?"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Mocidade, Ibán Santalla, conversaron con algúns dos asistentes á actividade
Narón, 2 de abril de 2024. O Concello de Narón organizou, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, o programa Quedamos?, dirixido a mozas e mozos de entre 12 e 16 anos. Dende o luns 25 de marzo ata onte, uns 130 menores acudiron ás actividades programadas na Casa da Mocidade, todas elas de balde. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Mocidade, Ibán Santalla, desprazáronse onte ata as citadas instalacións municipais para reunirse cos participantes na última das convocatorias do programa. As actividades programáronse para os días 25, 25, 27, 30 de marzo e 1 de abril, en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas. Na planta baixa e alta da Casa da Mocidade habilitáronse espazos para zona gamer, espazo creativo, xogos de mesa e xogos recreativos, que formaron parte da oferta lúdica para o colectivo durante estes días. A maiores, desenvolvéronse obradoiros de personalización de roupa, un afectivo sexual e outro de rotulación, un campionato de Mario Kart e outros de tenis de mesa, dardos, un escape room, entre outras propostas. Ferreiro e Santalla conversaron cos participantes neste programa municipal, interesándose pola súa valoración do mesmo, en canto ás actividades propostas. Así mesmo, destacaron a importancia de convocar este tipo de actividades, que xa se organizaron en anteriores ocasións, tamén coincidindo con períodos de vacacións escolares, “para ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade e tamén un espazo de conciliación ás familias”. O proxecto estivo subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, a través do programa Plan Correponsables no ámbito local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal