Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE ABRIU ESTA MAÑÁ AS SÚAS PORTAS AO PÚBLICO
A edil de Turismo, Natalia Hermida, informou que permanecerá operativa ata o 5 de outubro
Narón, 6 de xuño de 2024. A oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro, nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, permanecerá aberta dende hoxe ata o día 5 de outubro. O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas. A subvención concedida é para o tempo no que permanecerá operativa a oficina, segundo informou a concelleira de Turismo Natalia Hermida. As instalacións permanecerán pechadas os luns e os domingos pola tarde, no resto das xornadas o horario de apertura será de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20:00 horas; os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e os domingos de 10.00 a 14.00 horas, tal e como indicou Hermida. A edil naronesa explicou que “na oficina poderase solicitar información sobre a oferta turística da cidade e tamén sobre as actividades que se desenvolverán durante eses catro meses no termo municipal. A maiores, tamén se ofrecerá información do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, asegurou a edil. As persoas que o desexen tamén poderán poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, no horario de apertura das instalacións, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal