Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONSISTORIO ÁS PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE MUNICIPAL "ENCONTROS DE MULLERES"
A rexedora local, Marián Ferreiro, recibiu ao colectivo acompañada da edil de Benestar Social, María Lorenzo
Narón, 6 de xuño de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no Concello a unha vintena de mulleres que participan na actividade municipal Encontros de Mulleres. A edil de Benestar Social, María Lorenzo, acompañou á rexedora local na recepción ao colectivo, que tivo lugar no salón de plenos e onde todas puideron conversar tanto sobre a actividade como sobre outras cuestións vencelladas coa cidade en xeral. As mulleres agradecéronlle a Ferreiro a implicación do goberno local para convocar cursos dirixidos ao colectivo das maiores de 50 anos que se atopan soas, con pouca rede social de apoio e, en ocasións, con depresións ou ansiedade. “A moitas, e creo que falo en nome de varias, sacástesnos da depresión”, aseguraba unha das mulleres que hoxe se desprazou ao Concello, incidindo en que querían continuar participando nesta iniciativa. Así mesmo, as mulleres interesáronse ante a alcaldesa pola Igualdade real no mundo da política, sobre a conciliación da súa vida laboral e persoal, o que máis lle gustaba do seu traballo… para posteriormente falar sobre a cidade en xeral. Nese momento unha das mulleres, residente en Santa Icía, agradeceulle o cambio que experimentara o barrio da Solaina tralas obras de humanización; outra as melloras en accesibilidade nos pasos de peatóns…e formularon tamén, a petición de Ferreiro, algunhas suxestións para o futuro. As mulleres coñeceron varias dependencias municipais e viron un vídeo no que se explica parte da historia da cidade. Ferreiro agradeceulles a súa implicación na actividade e tamén as súas propostas e valoracións da localidade, animándoas a participar en cantas iniciativas se impulsen para o colectivo.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal