Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS CULTURAIS DO PAZO ORGANIZADOS DENDE O PADROADO
As nenas e nenos de entre 3 e 12 anos son os destinatarios desta actividade, tendo preferencia os menores empadroados en Narón
Narón, 17 de xuño de 2024. O prazo de inscrición nos campamentos culturais do Pazo da Cultura permanece aberto dende hoxe ata o vindeiro venres, día 21. En total, tal e como recordou a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, ofértanse 225 prazas para menores de 3 a 12 anos, tendo preferencia para matricularse os/as empadroados en Narón, se ben o último día, na xornada do venres, poderán inscribirse menores empadroados noutros concellos, por se houbera vacantes. As inscricións poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello, sendo tamén posible facelo nas oficinas do Pazo da Cultura de xeito presencial, de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres. Os Campamentos culturais de verán desenvolveranse en tres quendas: primeira será do 1 ao 12 de xullo; a segunda do 15 ao 26 de xullo e a terceira do 29 de xullo ao 9 de agosto, podendo inscribirse nunha delas ou as tres. A programación dos campamentos desenvolverase polas mañás, de 9:00 a 14:00 horas, podendo tamén solicitar servizo de madrugadores, a partir das 8:00 horas, as familias que o precisen. O prezo para poder asistir é de 63,10 euros por persoa e quenda. Os grupos dividiranse por idades, de menores de 3 a 5 (30 prazas por quenda); de 6 a 9 (30 prazas por quenda) e de 10 a 12 (15 prazas por quenda). A maior parte da programación desenvolverase no Pazo da Cultura, se ben haberá algunhas andainas pola contorna (Camiño Inglés, paseo de Xuvia, parque de Xuvia, campa do Trece…). As actividades están divididas por temáticas e quendas, sendo a da primera a natureza, a reciclaxe e sostibilidade; a segunda será sobre o Camiño Inglés e o Entroido de Verán e a terceira sobre a cultura castrexa e as olimpíadas. Lectura de contos, xogos didácticos, aprendizaxe musical, baile, experimentos de cociña, actuacións musicais, karaoke, construción de instrumentos tradicionais… forman tamén parte das actividades que realizarán os menores. A listaxe provisional de admitidos publicarase na Sede Electrónica do Concello este venres a partir das 20:00 horas, dispoñendo esas familias dun prazo concreto para realizar o pago da taxa correspondente, por transferencia bancaria –ata o 26 de xuño- ou en efectivo ou con tarxeta nas oficinas do Pazo -os días 25 ou 26- en horario de 8:30 a 13:30. Se se realiza transferencia bancaria haberá que enviar o xustificante do pago á dirección de correo electrónico: mc.blanco@naron.gal. A lista de agarda tamén se publicará na Sede Electrónica o venres e se quedan prazas dispoñibles o vindeiro xoves, día 27, chamarase ás persoas desa lista por se aínda estivesen interesadas, debendo realizar o pago nese día e enviar o xustificante ao citado enderezo. A listaxe definitiva publicarase o venres 28 de xuño na Sede Electrónica de Narón.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal