A BANDA INFANTIL SEMENTEIRA E A XOVE BANDA DE NARÓN REALIZARÁN ESTE SÁBADO UN ENSAIO DIDÁCTIVO NA GÁNDARA
A convocatoria, organizada co fin de sacar as bandas á rúa, desenvolverase a partir das 12:00 horas na Praza da Gándara
Narón, 20 de xuño de 2024. A Praza da Gándara acollerá este sábado, día 22, un ensaio didáctico da Banda Infantil Sementeira e a Xove Banda de Narón. A actividade, que dará comezo ás 12:00 horas, enmárcase nunha iniciativa encamiñada a sacar as bandas á rúa, descentralizando as propostas culturais na cidade e achegándoas ás veciñas e veciños.
A Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón está formada por unha Escola de Música e tres agrupacións musicais: a Xove Banda de Narón, a Banda Infantil Sementeira e A Banda do Garaxe, integradas todas elas por mozas e mozos de Narón e doutros concellos da comarca.
Dende o Concello naronés convidan á cidadanía a acudir a ver aos integrantes de ambas formacións musicais, acompañándoos no seu ensaio e desfrutando coa súa música.