Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CANTAUTORA SÉS ACTUARÁ ESTE SÁBADO NA CELEBRACIÓN PROGRAMADA CON MOTIVO DO SAN XOÁN EN SAN XIAO
O concerto de Sés dará comezo ás 22:00 horas e forma parte dunha completa programación que se celebrará durante toda a tarde na parroquia
Narón, 20 de xuño de 2024. A cantautora coruñesa Sés actuará este sábado, día 22, a partir das 22:00 horas na parroquia de San Xiao, no marco da programación deseñada para celebrar unha sardiñada e churrascada con motivo do San Xoán. A cita, con entrada libre, será no entorno do centro cívico social da parroquia, onde Sés, unha das grandes profesionais da música galega, interpretará temas do seu amplo repertorio, caracterizado por unha dilatada carreira dende os seus inicios, no ano 2007, co grupo Chámalle Xis! que creou con tres amigos e co que gañaron un concurso musical. Co galego por bandeira, a cantautora ten unha completa discografía dende o ano 2011, cando grabou o seu primeiro álbum. A cita do sábado permitirá desfrutar dos temas do seu último disco, Diante dun eco (2022) e tamén dalgúns dos sete anteriores. O Padroado da Cultura organiza o concerto, que se complementará coa churrascada e sardiñada que se celebrará este sábado na parroquia. Ás 19:00 horas haberá xogos tradicionais, populares e inchables para as nenas e nenos e dende as 21:00 horas, comezarán a servirse as racións de churrasco, pan e bebidas a un prezo de 15 euros para os socios da AVV “Ceibe” e de 18 para o resto de asistentes, e tamén sardiñas, tres unidades por dous euros. As persoas que se fagan socias da AVV Ceibe ese día pagarán o prezo dos socios/as. Os tickets se poden adquirirse tamén no Centro Cívico Social de San Xiao, en horario de 19:30 a 21:00 horas. Anets do concerto de Sés, sobre as 21:00 horas comezará a actuación de música tradicional coa charanga Alxibeira.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal