Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN "O CONCELLO DE NARÓN COA SAÚDE MENTAL" PERMANECERÁ ATA MAÑÁ NO HOSPITAL NAVAL DE FERROL
O concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, destacou a importancia de dar a coñecer entre a cidadanía recursos e ferramentas sobre saúde mental
Narón, 25 de xuño de 2024. Persoal do servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol visitou recentemente a exposición “O Concello de Narón coa saúde mental”, que permanece ata mañá mércores nas instalacións do Hospital Naval de Ferrol, tal e como recordou o concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos. A edil de Benestar Social, María Lorenzo, visitou tamén a exposición. A mostra está formada por sete displays nos que se ofrecen datos sobre a saúde mental; se aborda o compromiso do Concello de Narón con esta temática, que levou a editar recentemente unha guía de recursos sobre saúde mental e a desenvolver varios programas que incluíron charlas abertas á cidadanía a cargo de profesionais na materia. Tamén nestes paneis se comparten algunhas frases que escoitamos habitualmente sobre estereotipos vencellados á saúde mental e que invitan á reflexión, ofrecendo alternativas para expresarnos correctamente. Esta mostra, que ademais incorpora un photocall para dar visibilidade á importancia da saúde mental, ten un carácter itinerante e estivo xa no Concello. A previsión é que durante os vindeiros meses poida levarse a outros espazos municipais e tamén outras posibles ubicacións co fin de dala a coñecer entre a cidadanía e facilitarlles algúns dos recursos á súa disposición, segundo apuntou Ramos. O edil naronés agradeceu a implicación e colaboración da Área Sanitaria de Ferrol.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal