Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS NOVOS TALENTOS DO JAZZ CONTEMPORÁNEAO ACTUARÁN EN AGOSTO NA COSTA ÁRTABRA
A oitava edición do festival Jazz de Ría traerá novos concertos e actividades a Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira
Narón, a 27 de xuño de 2024. O festival amplía a cinco días o seu cartel de concertos e actividades en escenarios privilexiados de Valdoviño, Cedeira, Neda e Narón. Esta 8ª edición afonda nas novas sonoridades do jazz a través de nove sorprendentes propostas que abrazan o xénero desde diferentes sensibilidades. Do venres 16 ao martes 20 de agosto, Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira serán de novo os escenarios da oitava edición do Jazz de Ría, que este ano contará con un cartel de artistas que representan os novos camiños do jazz, confirmándoo como un xénero cada vez mais vivo e presente de forma orgánica nas propostas artísticas que van emerxendo. O festival arrancará coa indómita e inclasificable natureza artística do pianista menorquín Marco Mezquida no Pazo da Cultura de Narón para viaxar despois desde as abordaxes intimistas das galegas Antía Muíño e Leticia Rey ata o jazz de cuño mediterráneo de Alba Careta Group e Magalí Sare & Manuel Fortià, facendo paradas tamén no jazz-rock progressivo dos ferrolanos Demo Rumudo, no proxecto vertebrador do Cuarteto Federal, e na aposta persoalísima do compostelán Pablo Sanmamed Trío, desta vez xunto ao óboe e o corno inglés do reputado Benxamín Otero. Completan o programa as aulas abertas de baile conducidas por Swing On, o curso de palmas flamencas que impartirá Isaías Salazar, un obradoiro de fabricación de instrumentos musicais con material de refugallo a cargo da Escola da vaca, o piano bar itinerante de Le BarLuthier, e un roteiro musical polos Balcóns do Atlántico cunha intervención do saxofonista Lois Rivera. Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre, agás o obradoiro da Escola da Vaca, para o que será preciso facer inscrición de balde a partir do 1 de agosto na web do festival. O Jazz de Ría continúa fiel ao seu obxectivo de converter a costa ártabra nun territorio de referencia dentro do mapa dos festivais de jazz, cunha proposta na que se funden música e identidade, desde os principios da sostibilidade e a responsabilidade coa contorna natural e social. PROGRAMA Venres 16 - NARÓN, Pazo da Cultura Marco Mezquida Sábado 17 - NARÓN, Parque Freixeiro Alba Careta GroupP Magalí Sare & Manel Fortià Pablo Sanmamed Trío + Benxamín Otero Demo Rumudo Aula aberta de baile con Swing on Obradoiro de construción de instrumentos con refugallo coa Escola da Vaca Aula aberta de palmas flamencas con Isaias Salazar Domingo 18 - NEDA, Ribeira de San Nicolás Antía Muíño Luns 19 - CEDEIRA, Os Patos e Parque de San Isidro Le Barluthier Cuarteto Federal Martes 20 - VALDOVIÑO, Praia do Baleo roteiro "Balcóns ao Atlántico" coa intervención de Lois Rivera Leticia Rey

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal