Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE TRECE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA DA CIDADE PARTICIPARÁN NA II RUTA DO PINCHO DO PEMENTO DO COUTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentaron a campaña, que se desenvolverá do 4 ao 14 de xullo
Narón, 27 de xuño de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentaron esta mañá a segunda edición da Ruta do Pincho do Pemento do Couto, que se celebrará do 4 ao 14 de xullo na cidade. Un total de trece establecementos de hostalería da cidade participarán este ano na convocatoria, programada “co fin de promocionar o pemento do Couto e, ao mesmo tempo, poñer en valor o traballo do sector hostaleiro local”, tal e como indicou Ferreiro. Os establecementos participarán cunha elaboración na que o protagonista será o pemento do Couto, hortaliza con Indicación Xeográfica Protexida. Este ano poderanse degustar as tapas que se servirán na Toxiña, A Roldana, El nuevo tapeo, Fame Kanalla, El Olivo, Nueva Orleáns, Sta&Icía, Australian, Casa Sindo, El Colonial 1920, Mamá Flora, O Lugar e Clandestino Burger, que abrirá a vindeira semana na zona da Gándara. A clientela deberá abonar un prezo de 2 euros por cada unha das tapas, que se servirán ao mediodía, entre as 13:00 e as 15:00 horas e tamén pola tarde, dende as 20:30 ata as 22:30 horas. En cada un dos establecementos participantes haberá un cartel do concurso e disporán tamén doutro material promocional da campaña, como os pousavasos. Nestes últimos irá impreso un código QR que dará acceso ao mapa no que se ubican todos os establecementos participantes. A clientela poderá optar aos tres premios establecidos para eles: un total de tres ceas valoradas en 100 euros cada unha, para desfrutar nalgún dos establecementos participantes no certame -terán que ser tres distintos-. A data tope para poder desfrutar da cea, que deberá acordarse co establecemento, é o 15 de agosto. Para poder participar neste sorteo das ceas haberá que probar -e votar- alomenos catro pinchos diferentes, debendo facelo nas urnas que se ubicarán en cada un dos establecementos participantes, onde se lles entregarán unhas papeletas para cubrir os seus datos (nome e apelidos e un teléfono de contacto). A campaña contempla ademais un premio de 300 euros en metálico e un detalle conmemorativo para o establecemento que obteña a mellor puntuación na valoración resultante da media das valoracións nas papeletas de cada tapa, que irá de 1 a 5 puntos. A alcaldesa agradeceu a implicación dos establecementos participantes nesta iniciativa e animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a achegarse aos mesmos para poder degustar as elaboracións que prepararán e tamén optar ás ceas que se sortearán ao remate da campaña.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal