Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADA NO PLENO A MOCIÓN DE TEGA E BNG SOLICITANDO AO GOBERNO CENTRAL A ANULACIÓN DA PRÓRROGA Á CONCESIONARIA DA AP-9
A corporación respaldou a declaración institucional da FEMP con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI+
Narón, 26 de xuño de 2024. No pleno ordinario de finais de mes celebrado no Concello saíu adiante unha moción presentada por TEGA e o BNG solicitando o rescate da AP-9 e a súa transferencia a Galicia. No documento recóllese que se inste ao Goberno do Estado a iniciar os trámites para anular a prórroga de 25 anos outorgada á concesionaria da AP-9, asumir a xestión directa da autoestrada e suprimir as peaxes e impulsar a transferencia da AP-9 a Galicia. Así mesmo, presentouse unha declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, defendendo a Igualdade e o respecto para todas as persoas independentemente da súa orientación sexual nas institucións en particular e na sociedade en xeral. No acordo contémplase continuar traballando dende os Consistorios para educar e sensibilizar á poboación sobre os temas relacionados coa orientación sexual, para lograr que cada persoa sexa respectada por igual na sociedade. Na sesión plenaria aprobouse tamén a actualización da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos prestados polo Padroado da Cultura. No ámbito deportivo, aprobouse a concesión dun total de 63.036 euros de subvencións a entidades deportivas. As beneficiarias serás os clubs Ciclista Narón; Pádel Narón; Baile Fusion Dance; Baile Deportivo Un Paso Adelante; Fútbol Estrella; Hockey Narón; Pesca Deportiva Surfcasting Narón; Cazadores A Faísca; Halterofilia Gaman; Dalle Gas Running Team; Colombofilia Mariñas Altas; Pasa ou Entorna; O Freixo Narón; Fútbol Sala Narón e Tiro Olímpico El Castro. No apartado de mocións aprobáronse tamén as presentadas polo PSOE reclamando a apertura du proceso de participación cidadá para o remate da obra de humanización da Solaina e para manter o contrato de desenvolvemento dos obradoiros do coro infantil e xuvenil do Concello de Narón, un contrato que está actualmente en proceso para a súa licitación. Saíu adiante ademais a moción de Terra Galega urxindo que se cubra a falta de radiólogos na Área Sanitaria de Ferrol, ante o actual déficit que presenta o servizo dende hai varios meses. En canto ao BNG, aprobáronse as mocións presentadas para a restitución da Secretaría Xeral de Igualdade por parte do goberno da Xunta de Galicia e para iniciar os trámites para construír un parque canino de dúas hectáreas. Sobre este último asunto dende o goberno local indicouse que xa se está traballando para construílo na zona do paseo da Gándara, nas inmediacións do actualmente existente. Na sesión aprobáronse as mocións do PP solicitando un estudo para a creación dun servizo de transporte de viaxeiros circular e reforzar o servizo de ferrocarril en Narón e para o reacondicionamento da contorna da área recreativa do campo das Aceas.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal