Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 50 MULLERES RECIBIRON OS DIPLOMAS DOS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL PARA A INCLUSIÓN SOCIAL
La alcaldesa, Marián Ferreiro, entregó los diplomas junto a la edil de Bienestar Social, María Lorenzo
Narón, 28 de xuño de 2024. Algo máis de medio cento de mulleres que participaron nos obradoiros do programa municipal de Apoio para a inclusión social a mulleres recibiron os seus diplomas no Auditorio municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, foi a encargada de entregarllos xunto coa edil de Benestar Social, María Lorenzo, conversando posteriormente coas alumnas destas accións, encamiñadas a diminuír os factores de risco social e ofrecer proxectos formativos cun fin prelaboral e social. As clases impartíronse dende o pasado mes de outubro e remataron na xornada de onte. En total, 26 mulleres acudiron aos obradoiros Volve a clase –en dúas quendas e incluído o de alfabetización- impartidos na Casa da Mocidade de luns a venres, en horario de mañá e de tarde. Un total de 10 asistiron ao de Apodérate, na Casa da Mocidade, os martes e xoves pola mañá, e as 17 restantes aos de habilidades prelaborais de hostalaría e habilidades profesionais e introducción ás novas tecnoloxías, estes últimos impartidos no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, tamén entre os luns e venres en horario de mañá. A rexedora local destacou que o obxectivo principal destas convocatorias foi “o apoio e acompañamento ás mulleres no proceso educativo e sociolaboral, promovendo o feito de que desenvolvesen unha serie de habelencias para avanzar na aprendizaxe de diferentes contidos”. Ferreiro felicitou a todas as alumnas que remataron os diferentes obradoiros e animounas a continuar formándose de cara a mellorar a súa posible empregabilidade.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal